KIKO DA SILVA - CURRÍCULUM
Kiko da Silva, Vigo 1979.
Historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira escola Profesional de Banda Deseñada de Galiza, O GARAXE HERMÉTICO.
Comezou a debuxar de maneira profesional con tan só 16 anos, traballou como humorista gráfico en La Voz de Galicia, no semanario satírico El Jueves e actualmente publica viñetas diarias na súa sección A SILVEIRA de El Correo Gallego.
Publicou nas principais editoriais galegas e nacionais e foi traducido a idomas como o inglés, o francés e o coreano.
É o ilustrador de Cando Mariño tivo ganas de mexar na noite de Reis, A memoria das árbores, Moncho e a mancha e Que contan as ovellas para durmir?
Creou a ORBIL o lobo lector mascota do Salón do Libro de Pontevedra. Tamén é o pai de Fiz, o neno máis porco do mundo, que comezou a publicar na revista Golfiño no 2002.
Gañou moitos premiso de banda deseñada, entre os que destaca o Premio Castelao de Bd no 2014 pola súa obra O INFERNO DO DEBUXANTE.
No 2007 recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos pola promoción da lingua galega.
Coma editor, creou a revista BD banda,a revista Retranca (Ambas premiadas no Salón do Cómic de Barcelona), publicou As Serpes cegas, de Cava e Seguí que recibiu o Premio Nacional de cómic 2010, coordinou a coleccón de bd de Faktoría K de Libros e a sección de bd da revista Oink! do Xabarín Club.
Dirixe a editorial Retranca dende o 2007, e dende o 2018 a revista de bd galega A Viñeta de Schrödinguer editada pola MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
Actualmente dirixe e imparte clase de cómic en O GARAXE HERMÉTICO dende o 2012 e está traballando no seu proxecto de bd máis longo a Novela Gráfica BAIXO A SOMBRA DAS PEDRAS FLOTANTES que publicará en galego XERAIS e en castelán NORMA Editorial.